Just another WordPress.com site

Archivo para octubre, 2019

Termas de Outariz, Ourense

Postres de Letras galegas maio 2019 e mercadiño solidario con Guatemala

Reducimos o consumo de plástico para coidar o planeta. Voz natura 2019-20

 

Os alumnos de 1º e 2º de ESO  comprometémonos a realizar unha serie de cambios na nosa contorna: no colexio e na casa.

Podemos vivir con menos plástico facendo  pequenos cambios:

Levando a nosa propia bolsa cando imos de compras

Usando envases reutilizables: vasos, botellas, cuncas ….

Rexeitando  pratos,  palliñas, vasos,… desechables

Usando tarros de vidro para gardar as compras realizadas a granel

Non comprando comida: embutidos, froitas, … envasadas en blíster ou en bandexas de  plástico.

Ata fai non moito, a regra consistía en 3 erres, pero co paso do tempo, a xente foi consciente de que lles faltaba outra erre e que era necesario engadir unha cuarta erre e está en plans colocar outra erre ósea que serán 5 erres pero para iso faltase tempo. Deste xeito a idea quedou así: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar

Reducir:

Consiste en rexeitar os distintos tipos de envases ou empaquetados cando estes non cumpran unha función imprescindible para a súa conservación, traslado ou consumo. É elixir os produtos que teñan menos envoltorios, sobre todos os que utilicen materiais reciclables, e empregar menos bolsas de plástico para a compra. En conclusión, consiste en evitar a compra de produtos que realmente non son necesarios e que ademais deberiamos ser particularmente coidadosos cos produtos de usar e tirar. Por exemplo: utilizar servilletas, panos de tea en lugar dos fabricados con papel, ir á compra cun carrito, prescindindo das bolsas de plástico dun só uso.

Reutilizar:

Implica dar un segundo uso a aqueles produtos que xa non che serven para a tarefa ou para outra cousa que adquiriches e para que poidan seguir cumprindo coa súa función. Hai que intentar sacar o máximo provecho ás cousas que temos e cando definitivamente non as podemos usar regalalas a alguén que si lles poida dar un uso determinado.
Antes de desechar calquera produto debemos sacarlle todo o partido posible por exemplo: Os envases de vidro podémolos reutilizar unha vez lavados, as bolsas das compras podémolas usar para o lixo e outros exemplos máis.

Reciclar:

Significa facer unha selección dos residuos xerados por nós mesmos. Logo son tratados en plantas especializadas creando produtos para outros usos ou iguais de menor calidade. Tamén, evítase o uso descontrolado de recursos naturais, afórrase enerxía e redúcense o volume de residuos. A maioría dos materiais dos que están feitos os produtos que utilizamos no fogar son reciclables. Unha vez que o usamos, deberiamos devolvelos ao ciclo produtivo para que, logo dun tratamento, poidan incorporarse de novo ao mercado, reducíndose así o consumo de materias primas e de enerxía

Recuperar:

Relaciónase cos procesos industriais e consiste en recuperar materiais ou elementos que sirvan como materia prima. Baséase na utilización do residuo xerado noutro proceso distinto do que o produciu, este poderase introducir no novo proceso directamente ou mediante algún tratamento previo. Por exemplo: os plásticos de poden recuperar mediante o proceso de calentamiento ou os materiais utilizados na fabricación de latas